Remata o pintado da estrada entre Ceraxe e O Campo

Cerdedo-Cotobade
02 de decembro 2021

O Concello de Cerdedo-Cotobade completa a mellora da estrada de Ceraxe, na parroquia de Augasantas, a O Campo (Valongo) cun pintado

Estrada de Ceraxe, na parroquia de Augasantas, a O Campo (Valongo)
Estrada de Ceraxe, na parroquia de Augasantas, a O Campo (Valongo) / Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade completa a mellora da estrada de Ceraxe, na parroquia de Augasantas, a O Campo (Valongo) cun pintado.

Os traballos realizáronse ao abeiro das axudas que a Consellería de Medio Rural tramita a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Plan Marco, que conta coa colaboración económica de fondos europeos.

O investimento levado a cabo en Ceraxe centrouse básicamente en mellorar a seguridade vial desta estrada municipal a través dun proceso de pintado e sinalización vertical ao longo de toda a extensión do camiño, marcando especialmente os lugares de especial conflictividade como a presenza de pasos elevados, con avisos de redución de velocidade e calmado de tráfico, sinais de stop e delimitación de toda a calzada.

O alcalde, Jorge Cubela manifestou a súa satisfacción polos traballos realizados e salientou que "este tipo de intervencións son moi necesarias en concellos como o noso cunha rede de camiños municipais moi amplo e espallada que suman moitos quilómetros que hai que atender e manter en perfectas condicións".