O proceso de arbitraxe ao que se someteu Novagalicia Banco pola comercialización de participacións preferentes e obrigas subordinadas remata esta semana.
O Instituto Galego de Consumo atenderá aínda estes días a máis de 1.500 persoas. Cando conclúa o proceso de reclamación, máis de 37.600 clientes terán recuperado o 100% dos seus aforros.
Novagalicia destaca que "dous de cada tres" persoas que presentaron reclamación ante Consumo tiveron acceso á arbitraxe, e subliña tamén que esta cifra representa o 50% dos afectados pola comercialización desta clase de instrumentos.