Dentro das actividades marcadas para a celebración do día das letras galegas o IES Mestre Landín levou a cabo unha actuación "Flashmob" na Alameda de Marín.
Esta performance comezou co inicio da canción e unha primeira bailarina á que pouco a pouco fóronse sumando o resto das persoas que pasaban polo lugar a modo de baile "improvisado"
O equipo de dinamización de lingua galega coordinou o traballo dos rapaces no que versionaron a letra da canción de Shakira e Carlos Vives "La bicicleta".
Os versos buscan achegar a lingua aos máis novos dun xeito máis atractiva e visual. A colaboración entre o centro e o Concello de Marín permitiu contar cun equipo profesional de gravación co obxectivo de preparar un vídeo que agárdase que acade unha gran difusión a través das redes sociais entre a mocidade de Marín.