Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron este domingo ao once da mañá puntuais á súa cita cos nenos da capital pontevedresa, que lles recibiron con gran ilusión e moitos nervios.
A pesar do temporal de vento e choiva, centos de persoas fixeron cola para poder ver aos Magos de Oriente.
A fila ía desde o Concello, cruzando a Praza de España até a rúa Riestra, pasadas as ruínas de Santo Domingo.
Todos agardaban impacientes co paraugas na man.
Unha das novidades deste ano foi o traslado da recepción oficial ás súas Maxestades na Casa Consistorial, sen dúbida un espazo moito máis cómodo e accesible que o Pazo de Mugartegui.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu aos Reis na reformada sede municipal da Praza de España.
Melchor, Gaspar e Baltasar saudaron desde o balcón do nobre edificio e logo ocuparon os tronos instalados no vestíbulo da Casa Consistorial, que se engalanou como nas mellores ocasións.
Non só se dispuxo a alfombra vermella, tamén a verde e o azul. Todo un detalle á altura dos personaxes que nos visitan.
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos
Recepción aos Reis Magos