A Casa de Combarro, en Poio, vai pasar a ser un centro de centro de promoción, información e difusión turística despois dun completo proxecto de rehabilitación.
Así o deu a conocer este luns o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, que anunciou o "inminente inicio" das obras de reforma.
As obras comezarán despois da Semana Santa e terán un prazo de seis meses.
O organismo provincial inviste máis de 240.000 euros para a rehabilitación integral do inmoble e a súa conversión para os novos usos.
Luis López visitou este luns Combarro acompañado polo alcalde de Poio, Ángel Moldes, e explicou que este proyecto é unha mostra máis da colaboración cos concellos para mellorar as infraestruturas da provincia, que "contribúe a consolidar ás Rías Baixas como un destino turístico sustentable, ligado á cultura e ao territorio".

O presidente provincial sinala que se trata dun "proxecto estratéxico para Poio", un centro de referencia que "pon en valor a riqueza cultural, patrimonial e natural de Combarro.
O proxecto ten como primeira parada os traballos de rehabilitación integral, valorados en 140.000 euros.
Suporán a demolición da cuberta actual, a execución dunha nova cuberta illada correctamente e acorde á contorna, a limpeza da fachada de pedra, a substitución das carpinterías exteriores de madeira, a renovación da instalación eléctrica e a iluminación con tecnoloxía LED.
Tamén incluirá a reforma do aseo do baixo e unha nova instalación de fontanería e saneamento.
Como segundo paso, a través do Servizo de Turismo, a Deputación destinará outros 100.000 euros para a musealización deste emblemático inmoble, que pasará a ser un centro de referencia para a promoción, información e difusión de Combarro como destino turístico ligado á cultura.