Regreso a casa dun pleno municipal que mencionou a Íker Jiménez cando se falaba de lixo

Pontevedra
18 de novembro 2024

Tras a rehabilitación integral da casa consistorial, reinaugurada o pasado venres, os plenos da corporación municipal volveron ao seu salón nobre coa taxa de lixos como asunto 'estrela'

Primeiro pleno da corporación municipal de Pontevedra na renovada casa consistorial
Primeiro pleno da corporación municipal de Pontevedra na renovada casa consistorial / Mónica Patxot

Vinte e cinco anos despois, os plenos de Pontevedra regresaron á casa consistorial. Tras a rehabilitación integral deste inmoble, que foi reinaugurado o pasado venres, a reunión mensual da corporación municipal volveu a ocupar o seu salón nobre.

Foi cunha sesión na que, no medio dos axustes habituais das primeiras veces, os edís tomaron posesión dos seus novos 'escanos': o once edís do PP á esquerda da sala e o trece concelleiros de BNG e PSdeG-PSOE, á dereita.

O pleno, que arrancou coa declaración institucional do 25N, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, concentrou o seu debate principal na nova ordenanza do lixo e a taxa que se aplicará para financiar a recollida de residuos.

O PP reclamou que se derrogue a implantación obrigatoria desta taxa que, segundo Rafa Domínguez, suporá un "asalto directo" aos petos dos cidadáns e só servirá para "desincentivar" a reciclaxe, a separación dos residuos e os investimentos municipais.

Domínguez lamentou que esta taxa, da que culpou a unha lei aprobada de maneira "unilateral" por Pedro Sánchez, suporá unha "enorme pérdida" de poder adquisitivo para os pontevedreses, polo que avogou por abordar este asunto "con más calma".

"Non chega antes quen vai máis rápido senón quen sabe onde vai", afirmou o líder do PP, que insistiu en que a subida do custo do novo contrato de residuos até os 12,8 millóns anuais, terá que repercutirse nos recibos para que o servizo non sexa deficitario.

A "única esperanza" de que non sexa así, sentenciou o portavoz popular, é que no goberno municipal "sexan tan inútiles como en estos nueve años" e non apróbese o novo contrato. "Tenemos un gobierno que no nos merecemos", subliñou.

Tras esta intervención, o socialista Iván Puentes ironizou con que, ante "tal cantidade de desinfomación", o pleno municipal converteuse en "Horizonte Domínguez", só que "en vez que Íker Jiménez e Carmen Porter temos a Rafa Domínguez e Pepa Pardo".

Lamentou que os populares recorran á "peor política que se pode facer", xa que lles acusou de "alarmar" á poboación co obxectivo de "desgastar" ao goberno municipal. "Se como alcalde vota as contas como aquí, mal imos", dixo Puentes.

O portavoz do PSOE considera "paranormal" que o popular afirme que se vai a subir o recibo "antes do estudo que se vai contratar", algo que vinculou a que "lles poden as presas" e ante o cal lles pediu aos concelleiros do PP que teñan "calma e serenidade".

A este respecto, asegurou que o PP non presentou "nin unha soa proposta" para esta nova taxa e avanzou que os socialistas só a apoiarán se se inclúen, como así pactaron co BNG, bonificacións para "quen aforra cartos de todos" ao reciclar e separar os residuos.

César Mosquera, pola súa banda, defendeu que a taxa non será deficitaria "mentres non haxa subida de Sogama" e lembrou que, en todo caso, eses 12,9 millóns inclúen prestacións que non pagan os cidadáns de maneira directa como a limpeza viaria ou a dos colexios.

O goberno municipal de Pontevedra, segundo o edil nacionalista, apostará por impulsar un "reaxuste" no pago da taxa para "eliminar unha serie de inxustizas", xa que actualmente hai cuestións que supoñen un "disparate" e que son "tremendamente inxustas".

"Non imos aplicar tasazo algún senón facer unha redistribución máis xusta", segundo Mosquera, porque "a ninguén lle cabe na cabeza" que pague o mesmo polo tratamento de residuos unha industria que teña oito traballadores que unha que teña 400, un hostal con cinco habitacións que un hotel con noventa ou un bar con tres mesas que outro con oitenta.

Por iso é polo que o concelleiro do BNG apunte que a "película" que trouxo o portavoz do PP a este pleno "non responde para nada coa realidade", polo que lle aconsellou que espere a que a ordenanza estea redactada "e vexa que contas trae o estudo".

Primeiro pleno da corporación municipal de Pontevedra na renovada casa consistorial
Primeiro pleno da corporación municipal de Pontevedra na renovada casa consistorialMónica Patxot

OUTROS ASUNTOS DO PLENO

No pleno municipal deste luns tamén se debateu unha moción do PSOE que reclamaba melloras na rede de centros socioculturais de Pontevedra, impulsando ademais tres máis en Lérez, Marcón e Verducido. Foi aprobada por unanimidade.

A mesma sorte correu a segunda proposta que o PP trasladou á corporación, no seu caso para que o Concello puxese en marcha un consello sectorial de accesibilidade que permita recoller suxestións en materia de mobilidade e discapacidade no deseño urbano.

Os socialistas, por último, pediron crear unha rede de desfibriladores externos nos espazos e edificios públicos de Pontevedra, unha medida que tamén contou co respaldo unánime de toda a corporación municipal.

Mari Luz Losada le a declaración institucional de Pontevedra polo 25N