Este 1 de agoso, o Concello de Barro pon en marcha a iniciativa 'Xoves ao Clareo' cun "scape room" no Pazo da Crega a partir das 20.30 horas.
Dentro desta iniciativa, durante os xoves do mes de agosto establécense actividades para público novo, que supere os dez anos preferiblemente, segundo indica o Concello de Barro.
O 8 de agosto desenvolverase un taller denominado 'Ciencia divertida', a partir das 20.30 horas, tamén no Pazo da Crega.
O 22 de agosto será a oportunidade de realizar muralismo nun lugar aínda por determinar.
A cultura urbana, o rap, a estampaxe de camisetas e o breakdance serán os protagonistas o 29 de agosto ás 20.30 horas no Pazo da Crega.
As inscricións para participar nestas iniciativas gratuítas deben realizarse na OMIX de Barro ou a través do teléfono 678.415.501.
Xa o domingo 1 de setembro está prevista unha Festa Holi, que pechará esta proposta, no Pazo da Crega ás 21.00 horas.