Regresa a Vilaboa o alumnado do Toural que participou en República Checa nun programa Erasmus+

Vilaboa
11 de febreiro 2022

O centro educativo recibirá no mes de abril a estudantes procedentes de Romanía, Lituania e República Checa

Alumnos do CPI O Toural que foron de Erasmus á República Checa
Alumnos do CPI O Toural que foron de Erasmus á República Checa / CPI O Toural

O CPI do Toural continúa coas mobilidades do programa ERASMUS+ dentro do proxecto KA229 "Learning for my future".

Nesta ocasión, alumnado de segundo da ESO acaba de chegar dunha estancia na República Checa.

O grupo compartiu, no instituto Zakladni Skola da contorna de Praga, experiencias e actividades grupais con alumnado de Lituania, Romanía e República Checa, que tamén participan neste proxecto.

Dentro deste programa, queda pendente unha última mobilidade do alumnado de Vilaboa a Lituania.

No mes de abril será o CPI do Toural o que reciba ao alumnado destas nacionalidades.