Os principais aspectos da obra que se executa están centrados na ampliación de beirarrúas; creación de zonas de estacionamento para autobuses escolares; construción de pasos de peóns elevados.
Tamén se instalan redes soterradas de telecomunicacións e alumeado; renovación de luminarias; execución dunha rede de drenaxe; ademais de creación de zonas axardinadas e dotación de mobiliario urbano
López destacou que estas obras, "moi demandadas polos veciños", teñen como obxectivo "garantir unha maior seguridade e un mellor grao de convivencia" nunha zona onde se concentran os principais equipamentos deportivos e de ensino da vila, e pola que transitan diariamente máis de 500 escolares.
O presidente da Deputación sinalou que as obras están "moi avanzadas" e que, salvo imprevistos, poderían rematar antes do prazo previsto inicialmente para marzo.
Esta intervención foi unha das primeiras ás que deu luz verde Luis López como presidente da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de "converter este espazo nun lugar mellor para a xente, para as veciñas e veciños de Barrantes e Ribadumia", segundo indicou o presidente provincial.