Reforma completa no Campo da Torre

Pontevedra
06 de novembro 2012

O concelleiro de Urbanismo de Pontevedra, Antón Louro, acudiu ata o local da asociación veciñal San Roque para explicar o proxecto de reforma da área do Campo da Torre, unha das principais obras que o Concello vai acometer nos próximos anos.

O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, acudiu hoxe ata o local da asociación veciñal San Roque para explicar o proxecto de reforma da área do Campo da Torre, unha das principais obras que o Concello vai acometer nos próximos anos.

Cun orzamento de 940.000 euros, a actuación abranguerá unha superficie duns 5.000 metros cadrados, que será profundamente transformada para dotala de maior calidade urbana.

Acompañado do equipo de arquitectos municipais, o concelleiro explicou diante de medio cento de veciños, o proxecto, composto por diferentes actuacións ao longo da praza e a rúa do Campo da Torre e, parcialmente, a rúa de Víctor Said Armesto e a avenida das Corbaceiras.

O eixo principal da actuación é a completa reforma do Campo da Torre, onde se incrementa nuns 100 metros cadrados o espazo triangular central, no que se manterán as árbores actuais (agás unha seca).

Elimínase unha fonte obsoleta. Colocarase un banco corrido para separar a nova zona infantil e o ángulo máis próximo á ría quedará coroado por unha peza escultórica alusiva ao carácter mariñeiro e ao secado das redes nesta zona, que formaba parte da Moureira.

O perímetro da praza quedarán demarcado por unha liña de arborado, que foi elixido coidadosamente. Trátase do ⿿xaboneiro de China⿝, unha especie considerada idónea como árbore urbana polo seu tamaño, a súa vistosa flor e abondosa sombra. Entre eles colocaranse bancos e un aparcadoiro de bicicletas.

O proxecto remarca o carácter monumental da praza de touros, dotándoa dunha beirarrúa perimetral de pedra. Na porta principal créase unha ⿿alfombra⿝ de formigón escuro e bandas de pedra e se reordena o cruce entre Víctor Said Armesto e Monteleón. Nas pequenas zonas verdes existentes ao redor do coso, plantaranse  especies arbustivas para tratar de impedir o uso por parte dos cans. Desaparece a maior parte do murete que arrodea parte do edificio.

O tráfico quedará completamente reordenado. O Campo da Torre pasa a ser un espazo reservado para residentes. O acceso rodado practicarase dende As Corbaceiras pola subida da rúa Campo da Torre, para dar acceso aos cinco garaxes existentes, así como aos negocios do lugar. A praza quedará rematada por unha liña de bolardos para evitar as circulacións alleas.

O aparcamento, actualmente caótico en todo o ámbito, quedará restrinxido para residentes, cun número de prazas equivalente ao actual. Resérvanse 34 prazas específicas para os veciños e comerciantes que se reparten en tres bolsas situadas no Campo da Torre, Nostramo Lourido e As Corbaceiras.

Mantéñense, ademais, 16 prazas de aparcamento libre ao redor da praza de touros no tramo de Víctor Said Armesto. Finalmente, créanse outras 14 prazas de aparcamento novo e libre no tramo en subida de Víctor Said, dende a rúa das Corbaceiras. Para facelo posible, este tramo de rúa, actualmente de dobre dirección, pasa a ter dirección única de subida.

Os servizos soterrados serán completamente renovados. Especialmente sensible será a substitución da rede de saneamento, que é moi antiga e padece graves problemas de falta de capacidade, e mesmo filtracións. A zona conta con todos os servizos agás o abastecemento de gas natural, que non chegaba a todos os recunchos.

As obras incluirán a instalación dun transformador soterrado para mellorar o subministro eléctrico á zona. Unión-Fenosa quedará comprometida a retirar todos os cables que, actualmente, están grampados ao muro exterior da praza de touros.

En canto á iluminación, o proxecto aposta por manter a rede de luminarias existentes, que está en moi bo estado. Tan só instalaranse dúas novas columnas con proxectores no Campo da Torre e na entrada principal ao recinto taurino.

Quedará coroado por unha peza escultórica alusiva ao carácter mariñeiro

No resto dos espazos verdes, colocaranse plantas arbustivas para tratar de  evitar o impedir o uso por parte dos cans.

No que atinxe aos acabados en superficie, o proxecto prescinde do asfalto. A praza do Campo da Torre quedará enteiramente acabada en pavimento continuo de formigón escuro con bandas decorativas de pedra, incluíndo unha área pavimentada enteiramente en lousa de pedra no entronque coa rúa Campo da Torre e do Viático.