O comité clínico que asesora á Xunta na pandemia decidiu a última hora da tarde destemartes 3 de agosto reducir a nove o número de municipios en nivel máximo de restricións, de maneira que Cambados e Boiro abandonan esta categoría e pasan a nivel alto.
En nivel máximo permanecerán Sanxenxo, O Grove e Meaño, ademais de Baiona, Burela, Muros, Foz, Viveiro e Monterroso.
En nivel alto de restriciónsquedan os seguintes concellos en Galicia: Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.
Desta forma as sete principais cidades de Galicia continúan nesta categoría de nivel alto.
Ennivel mediositúanse: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.
En nivel máximo de limitacións o lecer nocturno estará pechado e esixirán certificados covid-19 para acceder ao interior dos establecementos de hostalería, que terán un límite de capacidade interior nun 30% mentres que nas terrazas será do 50%. Os non conviventes non poderán manter reunións entre as 01.00 e as 06.00 horas, mentres que no resto da xornada o límite atópase en 6 persoas en interior e 10 en exteriores.
Todas as medidas entrarán en vigor ás 00.00 horas do sábado 7 de agosto.