Axentes das policías Nacional e Local de Pontevedra realizaron durante a mañá deste mércores unha operación antidroga nun domicilio da rúa Castelao, no centro da cidade.
O operativo comezou á primeira hora da mañá e tivo como obxectivo un narcopiso situado no número 5 desta céntrica rúa.
Os investigadores recibiran denuncias veciñais sobre a actividade sospeitosa deste domicilio e, ademais, manexaban informacións policiais que apuntaban a que se trataba dun punto negro de venda de sustancias estupefacientes.
Segundo as informacións policiais, nesta vivenda vendíase cocaína polo miúdo.
Este mércores, os axentes realizaron unha redada na que procederon á detención do suspuesto responsable da actividade de venda de droga.
Ademais, interviñeron varias papelinas de droga e outros efectos relacionados coa actividade que se investiga.