A Oficina de Turismo de Cuntis retoma as visitas guiadas ao centro histórico.
Con este ciclo de visitas ofrecerase a oportunidade de descubrir a historia e segredos que esconden as rúas e edificios da vila termal.
Será a partir do próximo 4 de abril.
Desde entón cada venres ás 11.30 horas veciños de Cuntis e visitantes poderán mergullarse na historia de Cuntis coas explicacións do técnico da Oficina de Turismo.
"Queremos invitar a todos a redescubrir o casco histórico de Cuntis e a deixarse sorprender pola súa beleza e os seus segredos", afirma o alcalde, Manuel Campos.
Para o rexedor "estas visitas guiadas son unha excelente maneira de conectar co noso pasado e de valorar o patrimonio que nos deixaron os nosos antepasados".
As visitas guiadas, de balde, terán unha duración aproximada dunha hora con grupos dun mínimo de 10 persoas e un máximo de 30.
O punto de encontro para a ruta será a Oficina de Turismo, lugar no que se poderá solicitar información e reservar praza, así como no teléfono 615 193 391 ou no correo electrónico turismo@concellodecuntis.es.