Recrutados en Pontevedra 77 aspirantes ao Exército, 42 para a Brilat

Pontevedra
30 de abril 2024

Produciuse unha "notable afluencia de peticións" na provincia de Pontevedra. No primeiro proceso selectivo de 2024 recibíronse no Centro de Selección da Subdelegación de Defensa 268 solicitudes. Os recrutados iranse 61 a unidades do Exército de Terra, 8 á Armada e 8 a unidades do Exército do Aire e do Espazo.

Parada militar polo 57 aniversario da Brilat
Parada militar polo 57 aniversario da Brilat / Mónica Patxot

Un total de 77 persoas foron recrutadas en Pontevedra para unirse ao Ministerio de Defensa a través dos tres exércitos.

Así o confirmou a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, que dá por finalizado o primeiro ciclo do proceso selectivo 2024 para o ingreso como militar profesional da escala de Tropa e Mariñeiría das Forzas Armadas,

Desde Defensa indican que se produciu unha "notable afluencia de peticións" na provincia de Pontevedra. Así, para este primeiro ciclo, recibíronse no Centro de Selección da Subdelegación de Defensa 268 solicitudes (221 homes e 47 mulleres).

Finalizado o proceso selectivo, os citados 77 aspirantes de Pontevedra obtiveron praza. Trátase de 72 homes e 5 mulleres, dos que a maioría, 61, irán a unidades do Exército de Terra. Outros 8 vanse á Armada e 8 a unidades do Exército do Aire e do Espazo.

Entre os aspirantes que quedarán no Exército de Terra, 42 farano na Brigada Galicia VII, Brilat, con base en Figueirido.