Recrimina a dúas universitarias por votar ao PP e agrédeas

Pontevedra
27 de outubro 2012

Segundo informa La Voz de Galicia, a discusión comezou no autubús entre a Universidade de Vigo e Pontevedra cando o presunto agresor recriminou ás rapazas que terían votado ao PP

Dúas mozas pontevedresas foron supostamente vítimas dunha agresión polo sentido no que emitiron o seu voto nas eleccións autonómicas do domingo. A agresión produciuse cando viaxaban en autobús entre a Universidade de Vigo e Pontevedra na noite do mércores.

Segundo informa López Penide no xornal La Voz de Galicia, a discusión comezou cando o presunto agresor recriminou ás rapazas que terían votado ao PP o pasado 21-0. O seu ton foise alterando de tal forma que outros viaxeiros alertaron por teléfono a Policía Nacional.

O presunto agresor foi identificado pola Policía Nacional unha vez que o autobús chegou a Pontevedra. Segundo se recolle o citado xornal, fontes policiais confirmaron que o incidente "fue por motivos ideológicos", se ben as universitarias aínda non presentaron ningunha denuncia.

Arquivado en