Os datos de afluencia ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro volven crecer durante o primeiro semestre do ano, encadeando un aumento sólido e sostido e alcanzando un total de 7.609 usuarios no acumulado de xaneiro a xuño.
De todas as cifras, sobresae o número de escolares con máis de 5.440 visitantes e un total de 96 centros de ensino, o que supón un aumento do 16% con respecto ao mesmo período do ano pasado.
Desde a xerencia do Parque sinalan que a renovación anual do programa didáctico e as accións de promoción específicas para este público, fan que a orixe dos colexios que chegan ao Parque sexa cada vez máis diverso, coas catro provincias de Galicia representadas con asiduidade, así como algúns centros de fóra das nosas fronteiras como o caso dun instituto inglés de fillos de galegos.
Dentro das novidades deste ano destaca o éxito conseguido coa iniciativa do Parque: "Carné de Experto en Petróglifos".
Ao terminar a visita ás instalacións aos escolares entrégaselles este carné que acredita o seu coñecemento sobre a arte Rupestre e a súa deber de protexelo e divulgalo. Por este motivo, leste mesmo documento é unha entrada gratuíta para que poidan volver as veces que o desexen ao PAAR durante o 2018.