As queixas veciñais levaron a que o Concello de Marín asuma os traballos de mellora do muro situado na rúa República Arxentina, nunha zona moi transitada debido a que é unha das vías de acceso ao colexio da Laxe.
O muro, segundo indican desde o goberno local, daba mostras de inseguridade existía o perigo de que se derrubase. Por este motivo, os operarios municipais están a levar a cabo a reconstrución e mellora da contorna coa instalación dunha varanda que permita camiñar por este tramo de beirarrúa sen que haxa perigo.
Segundo o goberno de María Ramallo, está previsto que estas obras finalicen nos vindeiros días, atendendo ás demandas veciñais.