As instalacións da Subdelegación do Goberno en Pontevedra substituíron este xoves ao habitual escenario no que o centro penitenciaria da Lama celebra A Mercé. De forma interrompida durante 21 anos, a patroa de Institucións Penitenciarias conmemorouse no salón de actos do propio centro, pero a pandemia do coronavirus non permitiu facelo no seu ano 22 de historia. O obxectivo deste cambio foi, en palabras da subdelegada do Goberno, Maica Larriba, "preservar la seguridad sanitaria" do cárcere e de todas as persoas que alí residen e traballan.
Larriba e a directora do centro, Teresa Delgado, presidiron o acto institucional, reducido e limitado para evitar a propagación da Covid-19. A pesar de atoparse a quilómetros do propio centro, quixeron facer partícipes do mesmo a todas as persoas que conforman a comunidade da Lama.
Así, a subdelegada do Goberno insistiu en que o centro se viu "en gran medida influenciado" pola Covid-19 e quixo facer un "reconocimiento muy especial" para todas e todos os que desenvolven o seu traballo nel e felicitar a todos eles, desde a directora ata o último funcionario, pola súa "profesionalidad" e "compromiso" para manterse "ajenos a la enfermedad".
O centro penitenciario da Lama esquivou, ata o de agora, os contaxios e non contabiliza ningún positivo confirmado por coronavirus. A situación é posible, segundo a subdelegada, grazas ao persoal, pero tamén aos internos e as súas familias, que "han sabido comprender las limitaciones y restricciones que nos ha impuesto la pandemia".
Así, o "compromiso individual" de internos, traballadores e familias recibiron digno recoñecemento e Maica Larriba trasladou que só ese compromiso permitirá manter unha situación sanitaria adecuada e afastada de posibles contaxios. Hoy debemos de gritar que es posible con sacrificio sentirnos a salvo de la pandemia", insistiu a subdelegada#ante os reducidos asistentes ao acto.
A directora do centro lembrou que a actual crise sanitaria e a situación epidemiolóxica da provincia impiden celebrar os actos habituais, pero que estas limitacións non poden ser un obstáculo para poñer en valor o traballo esencial que desenvolven desde a institución penitenciaria.
Desta forma, neste acto atípico na Subdelegación concedéronse nove menciones honoríficas a funcionarios e entregouse a medalla de bronce ao Mérito Social penitenciaria á directora de procesos asistenciais da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Sonia Fernández Arruti.
En canto aos funcionarios, concedeuse tres menciones honoríficas por cumprir 25 anos na institución, "en atención al manifiesto sentido del deber en el desempeño de las funciones encomendadas y cumplimiento responsable de las tareas asignadas", acreditados ao longo da súa traxectoria profesional.
Outros cinco funcionarios recibiron un recoñecemento pola súa "arriesgada y eficaz" intervención o pasado 20 de xullo de 2020 nun incidente protagonizado por un interno do departamento de illamento do centro ao sufocar un incendio que provocara na súa cela.
As felicitacións de Teresa Delgado foron para estes nove funcionarios e, en xeral, para todo o persoal, que "está demostrando su profesionalidad y madurez" #ante a situación "crítica y novedosa" provocada pola pandemia, "volcándose con total dedicación" na boa marcha da institución e logrando que, a día de hoxe, a incidencia de contaxios no centro sexa "nula".
A directora non se esqueceu dos internos, cuxa "actitud comprensiva" asegura que facilita ao persoal e a dirección do centro "este camino lleno de dificultades".