Veciños de Barro participaron este sábado nunha xornada de limpeza de espazos públicos organizada pola Concellería de Obras e Servizos.
Tratábase dunha xornada organizada dentro do proxecto Libera.
A recollida tivo lugar na contorna do campo de fútbol e en zonas públicas e privadas na zona de Cesto Redondo e Outeiro.
"Non pesamos os resíduos que recollemos pero son bastantes quilos entre vidro, rodas, envases e plásticos, que agora separaremos nos distintos contedores do punto limpo", explicou o tenente de alcalde de Barro, José Sanmartín.
Ademais dos veciños que acudiron como voluntarios, participou na xornada a Comunidade de Montes da Portela.