O BNG traslada á Cámara parlamentaria galega a situación na que se encontra o Parque arqueolóxico rupestre de Campo Lameiro para solicitar o goberno da Xunta de Galicia que asuma a xestión directa déaste espazo.
Con esta proposta, a formación nacionalista busca quese evite a concesión a empresas privadas da xestión do Parque e que se seleccione o persoal a través dun concurso público, ao mesmo tempo que se dota de recursos técnicos e humanos este enclave.
A voceira en Cultura, Ana Pontón, e a voceira en Bruxelas, Ana Miranda, visitaron o parque para comprobar os danos provocados nalgúns petroglifos cando se realizaba un labor de roza. Segundo Ana Pontón, a explicación dada pola Xunta ante este caso foi "insuficiente" porque non fixo pública a información nin cumpre coa Lei de Patrimonio Cultural de Galicia que prevé sancións de ata 60.000 euros en supostos como este.
Entenden dende o BNG que o servizo que se ofrece na actualidade é deficiente e non está á altura das necesidades deste parque, desaproveitando un potencial relevante no cultural, turístico e de investigación.