Reclaman "alternativas ecolóxicas e eficaces" e unha "xestión eficiente" dos ríos

Pontevedra
24 de decembro 2017

Preto dun milleiro de persoas participaron este sábado na manifestación contra o proxecto da Xunta de transvasar auga do río Verdugo ao encoro de Eiras

Arcade e  Pontesampaio maniféstanse contra o transvasamento do Verdugo
Arcade e Pontesampaio maniféstanse contra o transvasamento do Verdugo

Preto dun milleiro de persoas participaron este sábado na manifestación contra o proxecto da Xunta de transvasar auga do río Verdugo ao encoro de Eiras.

A marcha iniciouse no peirao da localidade de Arcade, no Concello de Soutomaior, e concluíu no campo da festa da parroquia pontevedresa de Pontesampaio, onde a patroa maior Rita Míguez e o mariñeiro Berto Cal, da confraría de pescadores de Arcade, leron un manifesto no que se alertaba das consecuencias negativas do transvasamento sobre os bancos marisqueiros do fondo da ría e "o sustento e o modo de vida" de máis de 200 familias.

Na cabeceira da manifestación, desde o alcaldes de Soutomaior, Agustín Reguera, do Partido Popular, pasando polo alcalde socialista de Ponte Caldelas, Andrés Díaz ata a tenente de alcalde de Pontevedra, a nacionalista, Carmen da Silva. Xunto a eles distintos membros das corporacións locais de cada municipio.

No manifesto tamén se criticou que se pretenda levar a cabo esta medida sen os estudos de impacto ambiental previos e rexeitaron que exista unha situación de emerxencia que a xustifique.

Finalmente reclamáronse "alternativas ecolóxicas e eficaces" e unha "xestión eficiente" dos ríos e da rede de distribución de auga para a área metropolitana de Vigo baseada "desde o respecto, a ecoloxía e a igualdade".

Arquivado en