A plataforma veciñal da PO-531 sumou os apoios dos concellos e axentes sociais da comarca de Arousa na súa reclamación para que a autoestrada AP-9 sexa gratuíta no tramo de 10 quilómetros comprendido entre o enlace de Curro e Pontevedra.
Os alcaldes populares de Vilagarcía e Vilanova de Arousa, Tomás Fole e Gonzalo Durán, respectivamente apoian esta proposta como alternativa ao proxecto de desdobramento da PO-531, se ben, piden un estudo previo para avaliar o impacto desta medida.
Dende o PSOE, a voceira do grupo municipal en Vilagarcía, Tania García, anuncia que a súa partida presentará mocións nos concellos afectados, demandando unha reforma integral na PO-531.
Pola súa banda dende o BNG recordan que a gratuidade deste tramo de autoestrada é unha demanda histórica na formación nacionalista.