A empresa de recambios para automóbiles leva en Pontevedra máis de 30 anos, ofrecendo o seu servicio aos habitantes da vila. A pesar do estado de alarma, as súas tendas permanecen abertas para surtir dos seus produtos a aqueles que o necesiten.
Debido a situación tan complexa que estamos a vivir, os encargados da empresa tiveron a idea de doar preto de 5.000 luvas o Concello, que os vai destinar a Protección Civil, Policía Local e Nacional e Garda Civil.
O tipo de luvas que van doar son de nitrilo, un material que non está indicado para uso sanitario pero que si funciona como método barreira. Son, por exemplo, as luvas que usan os traballadores do supermercado para manipular a froita e a verdura, e que normalmente son dunha cor azul que os caracteriza, ademais de ser desbotables.
O corpo de Protección Civil é o encargado de recoller esta doazón, e despois será o Concello o que, ao longo do día de hoxe, reparta as luvas entre os diferentes corpos de seguridade aos que van dirixidos.