O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, vén de reaxustar o reparto das delegacións do goberno municipal despois a entrada no goberno de Adrián Silva e Andrea Pérez, en substitución de Roberto Rivas e Amelia Cancela.
A nova configuración das competencias buscan mudar o executivo local para "adaptalo aos novos perfís e sacar un maior rendemento" ás características de cada concelleiro.
Adrián Silva farase cargo das áreas de Cultura, Xuventude, Promoción Económica e Emprego e Andrea Pérez de Deporte e Medio Ambiente.
As responsabilidades de Rocío Martínez e Iván Bello tamén se ven afectadas, quedando Rocío coa delegación de Sanidade e Servizos Sociais.
Pola súa banda, Iván Bello é agora o responsable de Obras de accesos a núcleos, Obras de seguridade viaria, Obras de accesibilidade, Patrimonio, Normalización lingüística, Medio Rural e Festa do Viño.
O resto de integrantes do goberno municipal non ven modificadas as súas áreas de traballo.
Fernández Abraldes fai unha "moi boa valoración do traballo do goberno municipal" nesta primeira parte do mandato.