A reapertura da Casa do Concello convértese nunha reivindicación dos políticos como servidores públicos

Pontevedra
15 de novembro 2024
Actualizado: 16 de novembro

Asistiron un cento de ediles que formaron parte das sucesivas Corporacións de Pontevedra nos 12 mandatos que van alá dende 1979

Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial / Mónica Patxot

A Casa do Concello reabriu as súas portas cun encontro "histórico e inédito" de todos os políticos que formaron parte dalgunha das corporacións do Concello de Pontevedra desde a restauración da democracia en España.

Recomendámoslles que non se perdan a ampla GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS deste evento.

Ao redor dun cento de concelleiros participaron neste acto, presidido polos tres alcaldes vivos da cidade: José Rivas Fontán, Juan Luis Pedrosa e Miguel Anxo Fernández Lores.

A partir das cinco e media da tarde foron chegando os invitados, e comezaron os apertóns de mans, os abrazos, os bicos, as anécdotas, as risas... o de menos foi o remodelado edificio e o primeiro foron as persoas.

Alí estaban concelleiros como: Eladio Portela, Edelmiro Barreiro, Xosé Fortes Bouzán, Modesto Barcia, Isidro Caballería, José Benito Gama, Montero Vaz, Baltasar García, Maica Larriba, Margarita Feijoo, Pilar Allegue, Fernando Gago, Acuña Sastre, Vidal Outeda, Blanca Rodríguez, José María Picallo, José Benito Suárez Costa, Alejandro Amoedo, Blanca Rodríguez, Diego Murillo, entre outros moitos nomes de entre os máis veteranos.

Estaban convidados o acto, aínda que non acudiron, o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que tamén foron concelleiros en Pontevedra.

Houbo unha lembranza agarimosa para aqueles que faleceron. Especialmente recordado foi o alcalde Pancho Cobián. Tamén houbo algúns aos que as súas condicións físicas e cognitivas non lles permitiron participar neste acto, como foi o caso de Antón Louro.

Asistiron un cento de ediles que formaron parte das sucesivas Corporacións de Pontevedra nos 12 mandatos que van alá dende 1979.

Todos eles dedicaron parte das súas vidas a "unha función tan importante e tan nobre como é o servizo público, o servizo ao Concello de Pontevedra", segundo reivindicou Fernández Lores.

Tamén Rivas Fontán aproveitou este acto para destacar o papel do Concello e para poñer en valor a función dos membros das Corporacións.

Así todos falaron da "dignidade" de ser concelleiros fronte á "desvalorización" da política actual. Como dicía Teresa Pedrosa, ser concelleira era a tarefa máis difícil á que se enfrontara na súa vida.

"Somos representantes públicos e a moita honra", dixo Lores.

Tamén houbo queixas polos atrasos que impón a burocracia que "fan que a administración sexa cada vez menos áxil, menos eficiente, menos xusta, menos equitativa".

Houbo un chamamento ás persoas que teñan preocupacións polo público para que "dean o paso" pois a sociedade necesita a súa "implicación".

E por último, un sentimento unánime: Viva Pontevedra.

Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial
Inauguración da Casa Consistorial