A Plataforma de afectados polas preferentes de Marín e Pontevedra ante o cambio de ubicación do Congreso provincial do Partido Popular decidiron modificar os seus planes nas súas movilizacións da fin de semana.
Según denuncian nun comunicado comezaran a xornada do sábado concentrándose ás 10:15 ante a Sede de NovaGaliciaBanco en Pontevedra para dirixirse ata a sede da Deputación coa lectura dun manifiesto e logo partirán para Silleda. Xa teñen autobuses contratados e incluso solicitaron "hai uns días" autorización para a súa protesta.
"Parece ser que quen ten cu ten medo e non están moi seguros e moi convencidos do que fan porque escapannos , eso significa que o que están facendo non é o correcto polo que alí donde estén eles nos estaremos igualmente", indican desde a Plataforma.
"Durante máis dun ano eles foron o noso pesadelo e agora nos seremos o seu, alí onde estén nos tamén", insisten.
"Que deixen de ser uns sin vergonzas e de mentir e enganar a xente , a opinión pública, facendo ver que todo esto e pola nosa seguridade", e engaden que a manifestación do sábado estaba convocada desde hai un mes e solicitado o permiso dende entón "e xusto o día antes danse conta de que alí e complicado poder levala a cabo, xa e que maís pequeno".
Desde as Plataformas de Marín e Pontevedra tamén queren trasladar a súa disconformidade coas acusacións de manipulación feitas nos últimos días "nin estamos manipuladas, nin somos violentas, nin sólo é cousa de dous que fan o que queren e enganan os demáis".
"Está claro que non xustificamos a violencia baixo ningún concepto pero tampouco e a realidade, ata o de agora eran campañas a favor dos afectados, de solidaridade, etc etc e ahora empeza o acoso e derribo para as mesmas, intentando desacreditar, desprestixiar e votar basura encima das mesmas", apuntan.