Raxó celebra tres días de festa na honra de San Gregorio

Poio
14 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Este ano, polas obras de humanización do Porto de Raxó, a programación trasládase ao aparcamento, que contará cunha gran carpa

Festas de San Gregorio de Raxó
Festas de San Gregorio de Raxó / Comisión de festas de Raxó

A parroquia de Raxó, no concello de Poio, celebra tres días de festa en honra a San Gregorio, entre o venres 15 e o domingo 17 de marzo. 

Este ano, polas obras de humanización do Porto de Raxó, a programación trasládase ao aparcamento, que contará cunha gran carpa.

As festas comezarán este venres, ás 21.30 horas, coas actuacións da orquestra Marbella e do dj Harry. 

Xa o sábado, a Escola tradicional de Poio e Vides Novas amenizarán as rúas coa alborada desde as 10.00 horas, actuacións financiadas con cargo ao plan Máis Cultura do Concello de Poio. A misa cantada polo coro Virxe de Fátima de Campelo será ás 12.30 horas, seguida da procesión. Pola tarde, ás 19.00 horas actuará a batukada Os Queimatasas e a verbena comezará ás 21.00 horas coa orquestra Miramar e o dúo Prisma.

O domingo os protagonistas serán os máis pequenos, coa festa infantil animada por Javi Solla, a partir das 17.30 horas.

Desde a comisión de festas de Raxó trasladan o seu agradecemento a todos os veciños e empresas que, de xeito desinteresado, colaboraron coa programación da festa.