Ravachol o "negociador" quere pactar o traslado de ENCE

Pontevedra
08 de febreiro 2016

"Ravachol vén disposto a poñer paz na comarca de Pontevedra, a poñer sentido no conflito máis importante e que crea máis debate na cidade", xustificaron os promotores do disfrace de negociador. Para iso, "Ravachol traballará intensamente estes días", engadiron, "para tentar devolver a praia aos pontevedreses e á ría ao que é da ría, sen perder nin un só posto de traballo", concluíron

Ravachol o "negociador"
Ravachol o "negociador" / Mónica Patxot

Ravachol chega este ano vestido de "negociador" para convocar á empresa Ence, ao Concello de Pontevedra, á Xunta e ao Goberno central para pactar "o traslado de Ence fóra de Lourizán".

"Ravachol vén disposto a poñer paz na comarca de Pontevedra, a poñer sentido no conflito máis importante e que crea máis debate na cidade", xustificaron os promotores do disfrace de negociador. Para iso, "Ravachol traballará intensamente estes días", engadiron, "para tentar devolver a praia aos pontevedreses e á ría ao que é da ría, sen perder nin un só posto de traballo", concluíron.

A Irmandade do Ravachol presentou esta tarde o disfrace do papagaio na Praza da Peregrina ante a recreación da botica de Perfecto Feijóo, propietario do plumífero ata a morte do ave un luns de Entroido de 1913.

A figura supera os dous metros de altura e necesitou "moitísimas plumas de cores", segundo a portavoz da Irmandade do Ravachol, Mabel Simal.

Os membros do colectivo empregaron "todas as tardes" ao longo dun mes para completar a súa confección e, ata a súa incineración, percorrerá distintos puntos de Pontevedra acompañando os actos festivos do Entroido.

Arquivado en