Rastrexo intensivo nas praias de Poio ante a previsible chegada de máis pellets

Poio
13 de xaneiro 2024

Esta medida adóptase coincidindo coas previsións meteorolóxicas, que indican que a maior chegada destes granulados poden darse durante estes días polo curso das mareas

Vixilancia nas praias de Poio ante a posible chegada de pellets
Vixilancia nas praias de Poio ante a posible chegada de pellets / Concello de Poio

O Concello de Poio, en coordinación con Protección Civil, intensificará durante toda esta fin de semana as labores de rastrexo nas praias do municipio, ante a previsible chegada dun maior volume de pellets á terra.

Esta medida adóptase coincidindo coas previsións meteorolóxicas, que indican que a maior chegada destes granulados poden darse durante estes días polo curso das mareas.

Ata o momento, nos areais de Poio non se atoparon novos pellets, incluída a illa de Tambo, onde tamén se está facendo seguimento.

Nas últimas horas, as brigadas de Seaga enviadas pola Xunta de Galicia tamén estiveron revisando os areais de Raxó, Laño e Chancelas.

Arquivado en