Rápida extinción de dous incendios forestais en Canicouba e San Tomé de Piñeiro

Pontevedra
02 de setembro 2013

En pouco menos dunha hora os efectivos contra incendios da Xunta de Galicia lograron extinguir dous incendios forestais na parroquia pontevedresa da Canicouba e na marinense de San Tomé de Piñeiro

En pouco menos dunha hora os efectivos da Xunta de Galicia lograron extinguir dous incendios forestais na parroquia pontevedresa da Canicouba e na marinense de San Tomé de Piñeiro

En canto ao de San Tomé de Piñeiro, en Marín, segundo informaron dende a Consellería de Medio Rural nas tarefas de extinción traballaron dous axentes forestais, catro brigadas, dúas motobombas, un helicóptero e tres avións.

O lume empezou ás 16.23 horas e ás 17.10 xa se encontraba controlado.

Dende Medio Rural estimaron que o incendio afectou a unha superficie de entre media e unha hectárea.

Igualmente no caso da Canicouva o lume foi detectado contra al 17.10 horas e controlado as 18:00. Participaron na súa extinción 2 axentes, 3 brigadas, 2 motobombas, tres avións e un helicóptero.

Arquivado en