O mes de agosto despídese en Barro con actividades pensadas para a mocidade e o público en xeral.
O Pazo da Crega, en San Antoniño, será o epicentro das propostas empezando por unha xornada de cultura urbana no marco do programa #FalaRedes de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
De 20.00 a 23.00 horas, este xoves 29 de agosto levaranse a cabo obradoiros de breakdance, rap e tamén de stencil, técnica para estampar camisetas.
A esta actividade sumarase o domingo 1 de setembro a traca final de 'Xoves ao Clareo', que propón unha Festa Holi con DJ.
Colorido, música e sobre todo bo ambiente están garantidos para unha xornada á que piden acudir con lentes de protección e ganas de pasalo ben. Celebrarase a partir das 21.00 horas tamén no Pazo da Crega, sendo posible reservar praza na oficina da OMIX de Barro, no teléfono 690722812 ou presencialmente 15 minutos antes do evento.