Rajoy, "dolido" por ser persoa non grata: "Podría decir que me importa un bledo, pero no me gustó"

Pontevedra
23 de febreiro 2016

O presidente do Goberno en funcións asegurou, nunha entrevista concedida á canle de televisión 13tv, ter recibido "con dolor" a decisión da corporación municipal da súa cidade. "Podría decir que me importa un bledo lo que digan estos señores que son unos radicales, pero no me gustó", explicou

Mariano Rajoy, no plató de 13tv
Mariano Rajoy, no plató de 13tv / Partido Popular

A Mariano Rajoy non lle gustou ser nomeado persoa non grata en Pontevedra. O presidente do Goberno en funcións asegurou, nunha entrevista concedida á canle de televisión 13tv, ter recibido "con dolor" a decisión da corporación municipal da súa cidade. "Podría decir que me importa un bledo lo que digan estos señores que son unos radicales, pero no me gustó", explicou.

Xa a través da súa conta de Twitter, Mariano Rajoy expresara o seu malestar por converterse na primeira persoa "en la historia" en recibir este simbólico correctivo en Pontevedra, agradecendo as mostras de apoio recibidas nas últimas horas.

Nesta entrevista, emitida onte á noite, Rajoy afirmou que a pesar de todo sente "muy pontevedrés" e lembrou a súa gran vinculación con esta cidade, onde viviu desde que tiña quince años, onde foi concelleiro, onde coñeceu á súa esposa e onde segue mantendo unha vivenda familiar que visita "siempre que puedo".

A pesar deste nomeamento como persoa non grata, o presidente do Goberno afirmou non ter "manía" ao alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, ao que reprocha con todo aprobar unha iniciativa deste estilo porque "creo que no gana nada".

"No se construye nada así, más bien se pega el portazo. Me pegan un tortazo, me declaran persona non grata pero ¿qué ganan con eso?", afirmou o dirixente do PP.

Fonte: Youtube. Axencia EFE