Rajoy afirma que a vaga de lumes "no se ha producido por casualidad"

Pontevedra
16 de outubro 2017

O presidente do Goberno viaxou este luns á provincia de Pontevedra para visitar as zonas afectadas polo lume. Participou nunha concentración en Vigo na que se mantivo un minuto de silencio en recordo dos catro falecidos polos incendios en Galicia e os máis de 30 en Portugal. A continuación Rajoy acudiu ao posto de mando avanzado instalado en Pazos de Borbén

O presidente do Goberno viaxou este luns á provincia de Pontevedra para visitar as zonas afectadas polo lume. / Xunta de Galicia

A vaga de lumes que arrasa Galicia "no se ha producido por casualidad", senón que os lumes son "provocados", asegurou este luns o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que pediu o "mayor esfuerzo" a Policía e Garda Civil para deter os autores.

O presidente do Goberno viaxou este luns á provincia de Pontevedra para visitar as zonas afectadas polo lume.

Así, participou nunha concentración en Vigo na que se mantivo un minuto de silencio en recordo dos catro falecidos polos incendios en Galicia e os máis de 30 en Portugal. A continuación Rajoy acudiu ao posto de mando avanzado instalado en Pazos de Borbén onde manifestou a disposición do Executivo para prestar á Xunta "cualquier ayuda que necesite" nas tarefas de extinción.

Rajoy dixo que este luns a situación en Pontevedra e A Coruña "es mejor que ayer".

Arquivado en