Rajoy, "a Trotona de Pontevedra" segundo a Wikipedia en inglés

Pontevedra
11 de febreiro 2013

Un troll, un internauta con intencións provocativas, modificou a entrada de Mariano Rajoy na versión inglesa de Wikipedia, a enciclopedia libre máis empregada en Internet, para indicar que o vicepresidente do Goberno español é tamén coñecido como "a Trotona de Pontevedra". Nas últimas horas, Wikipedia eliminou esa referencia

Dende esta fin de semana, a entrada en versión inglesa da Wikipedia ofrece un tratamento ofensivo cara a figura do presidente do Goberno español, o pontevedrés Mariano Rajoy. A definición da web da enciclopedia libre máis popular fai referencia ao máximo responsable da Moncloa como "Mariano Rajoy Brey, also known as Trotona de Pontevedra". E a continaución engádese a pronunciación do nome e dese alcume, La Trotona de Pontevedra, que lle adxudican. "(Spanish pronunciation: [ma˿ɾjano ra˿xoi βɾei], Spanish pronunciation: [Tɾo'tona d˿ Ponte˿βeðɾa]". Todo indica que se trata dunha intervención dun troll, un internauta que publica mensaxes provocativas con diferente tipo de contido como groserías, ofensas ou mentiras difíciles de detectar, coa intención de confundir aos lectores. Wikipedia recibe 31 millóns de visitas diarias pero sempre ten recollido críticas pola súa falta de fiabilidade.

Non é o primeiro ataque neste sentido que sofre o presidente do Partido Popular. En Facebook existe unha páxina titulada La Trotona de Pontevedra creada en maio de 2009 e con máis de 1.200 apoios.

Arredor das 13:30 h. deste luns, tras ter aparecido publicado en PontevedraViva, Wikipedia suprimiu esa referencia a un alcume que, segundo se recolle noutras páxinas web, incluso tería a súa orixe dentro do propio partido conservador.