Camisetas a raias e vaqueiros volveron invadir este sábado as rúas de Marín coa celebración do San Migheleiro, que este ano chegou marcado pola polémica e acabou tendo un éxito de participación.
A ruta do San Migheleiro estivo integrada este ano por 45 establecementos e, como é habitual, converteuse nunha festa chea de diversión, unha das máis populares de Marín que cada ano gana adeptos.
O bo ambiente e o bo tempo que fixo durante toda a xornada marcaron a celebración, que este ano, co sol, tamén se encheu de lentes de sol e sombreiros de palla.
Durante toda a xornada, os marinenses e visitantes percorreron as rúas e prazas, gozando dos establecementos adheridos e da música que animaba a localidade.
A data, consensuada entre o Concello, os establecementos e o Ateneo Santa Cecilia, resultou todo un acerto e o mellor adianto posible ao día grande de San Miguel, que este domingo terá como protagonistas un acto institucional e o tradicional baile da Danza de Espadas de San Miguel, Festa de Interese Turístico de Galicia.