O Partido Popular constituíu formalmente o seu órganos de goberno provinciais tras a reelección de Rafael Louzán no último congreso. Fíxoo nunha reunión celebrada en Pontevedra coa presenza do secretario xeral e vicesecretario do PP en Galicia, Alfonso Rueda e Agustín Hernández respectivamente.
Na executiva, segundo o propio Louzán, intentáronse "fixar posturas sobre moitos temas e trasladar ás inquedanzas da sociedade", unhas inquietudes entre as que se encontra o conflito das preferentes.
"Estamos todos preocupados por este problema, pero é un problema que non creou o Partido Popular"
Ao respecto, o dirixente provincial entende que, a pesar da presión das plataformas de afectados, están traballando en atopar unha solución, "somos os únicos que estamos aliados de verdade coas persoas que teñen este problema. Sabemos cal é o problema, que hai miles de persoan en Galicia que foron estafadas e esas persoas, aforradores, temos que lograr polas vías que sexa dentro dos cauces legais que se lles devolva ata o último céntimo. Estamos todos preocupados por este problema, pero é un problema que non creou o Partido Popular".
Louzán asegurou ademais entender aos que protestan, "a sociedade está moi cabreada con algunhas cousas e ata certo punto é entendible, outra cousa é quenes son os culpables, pero non é o momento de buscar culpables, é o momento de buscar solucións e eso é no único no que estamos a traballar".