Rafa Domínguez xustifica o cambio na dirección do Museo na "visión de futuro", Lores expresa a súa "preocupación" e o PSOE fala de "purga ideolóxica"

Pontevedra
20 de setembro 2023

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, xustificou que a substitución na dirección do Museo de Pontevedra foi "una cuestión de confianza y de visión sobre el futuro en el que queremos estar"

Rafa Domínguez visitou o convento de Santa Clara xunto con persoal do Museo
Rafa Domínguez visitou o convento de Santa Clara xunto con persoal do Museo /

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, deu a "bienvenida" á nova directora Ángeles Tilve destacando que nesta entidade "con case cen anos de historia" ela será a primeira muller que estea á fronte. "Una mujer que no está ahí por el hecho de ser mujer, está ahí por sus méritos", precisou, antes de facer referencia á súa experiencia de 35 anos traballando no Museo.

"Es una mujer con una capacidad profesional y de trabajo muy importante y con una visión de futuro muy similar a la que tenemos en la Deputación", destacou Rafa Domínguez.

O vicepresidente insistiu no seu obxectivo de "avanzar conjuntamente con el ayuntamiento para que Pontevedra sea una ciudad referente de cultura nacional e internacional".

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, xustificou que a substitución na dirección do Museo de Pontevedra foi "una cuestión de confianza y de visión sobre el futuro en el que queremos estar".

Domínguez remitiu todas as explicacións respecto diso a unha comparecencia que terá lugar nos próximos días na que dará detalles sobre "hacia dónde queremos que vaya el Museo de Pontevedra".

Sobre a continuidade do resto de integrantes do equipo da dirección do Museo como a xefa de xestión administrativa, Sonia Mateos ou a responsable de exposicións, Fátima Cobo, "teremos que seguir falando un a un dos diversos pasos" e precisou que "non é unha cuestión de persoas, é unha cuestión de visión global e de cara a onde vai".

Igualmente, tampouco aclarou a situación do Consello Asesor do Museo co que o vicepresidente aínda non falou. "Toca renovación aos catro anos e toca en decembro" lembrou. 

Neste sentido, Rafa Domínguez avanzou que "unha vez que falemos publicamente do que queremos que sexa o futuro de Pontevedra e do Museo teremos que ter unha reunión" co Consello Asesor "pero desde logo, despois de catro anos sempre hai que falar dunha renovación. Non se se vai ser profunda ou vai ser menos profunda. Pero despois de catro anos sempre hai que avanzar, hai que renovarse e seguir apostando pola Cultura en Pontevedra".

"PREOCUPACIÓN" DO ALCALDE

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, reaccionou politicamente ao cambio na dirección do Museo, asegurando que "non teño moita sorpresa por esta destitución pero si que teño moita preocupación".

Lores incidiu en que ao responsable político do Museo, o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez "non lle coñezo ningunha proposta en positivo. A súa proposta é sempre volver atrás" e, desde o seu punto de vista, "o Museo estaba a funcionar ben, con certa autonomía" e, ao seu xuízo, estaba a modernizarse e abríndose á cidadanía.

O alcalde de Pontevedra apuntou que tras a entrevista mantida co presidente da Deputación, Luís López, "pareceume unha persoa razoable, sensata. Dixo que non habería voltas atrás e que os compromisos se ían a manter" pero a Lores estes cambios no Museo xéranlle "preocupación" porque "se volve ao ‘método dixital’". 

"Si que teño preocupación porque máis ou menos estaba encamiñado todo para a recuperación dos dous edificios do Museo e hai un proxecto para Santa Clara", indicou o rexedor da capital. "Espero equivocarme nesa preocupación", desexou.

REACCIÓN DO PSOE

O grupo provincial socialista considera o cese do director do Museo de Pontevedra, Juan Manuel Rey, como "unha purga ideolóxica; a primeira das que vai facer o PP na Deputación de Pontevedra baixo as ordes directas do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda". Así o manifestou hoxe o voceiro do grupo do PSOE, Carlos Font.

"O Partido Socialista nin vai calar nin vai participar dos silencios de ninguén. Temémonos o peor para o futuro do Museo de Pontevedra. Así que imos esixirlle moitas explicacións ao PP sobre o cese dun director con
tantos fitos na súa xestión", anticipa o voceiro socialista. "E, ademais, que o PP saiba que imos dar a batalla para que o Museo non volva ser o chiringuito do PP, como sucedeu nos tempos de Louzán e dos seus
antecesores".

O PSdeG-PSOE provincial non ten dúbidas de que "a operación de Santa Clara corre hoxe un serio risco de descarrilar do rumbo para o que foi deseñada".