A mes e medio de que se celebren as eleccións, o Partido Popular dá por terminado o mandato municipal e este martes o seu candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez, fixo balance deste últimos catro anos.
Acompañado dos seus números 2 e 3 na candidatura por Pontevedra, Pepa Pardo e Pablo Fernández, Domínguez lamentou que este fora un mandato "perdido" que se evidenciou co feito de que foi o "último aliento" dun goberno "agotado".
"Veinte años son muchos y Lores ya ha dado todo lo que tenía que dar a Pontevedra", destacou o líder do PP pontevedrés, que lamentou que o BNG non cumprise moitas das súas promesas electorais.
En materia económica, o candidato do PP censurou a "elevada" taxa de paro ou o "escaso" índice de creación de empresas, a presión fiscal do municipio, a ausencia dunha novo PXOM ou que non haxa medidas de apoio ao comercio local, mentres que no ámbito social criticou que a cidade teña un dos gastos sociais "más bajos" de España.
Domínguez sinalou que o BNG "se ha olvidado" dos clubs deportivos, que o modelo de compostaxe foi un "fracaso", que os barrios e as parroquias están "abandonados", que a participación cidadá fose un "monólogo" ou que, en transporte público, haxa un sistema "absolutamente insuficiente".
Este mandato, concluíu o candidato do PP, foi ademais o da "radicalización" do BNG, ao que se acusa de romper fotos do Rey, aliarse con Bildu ou os independentistas cataláns ou nomear a Mariano Rajoy como persoa non grata na cidade.