Rafa Domínguez vaticina a "remontada" do PP fronte a un Lores "agotado"

Pontevedra
27 de outubro 2018

"Yo tengo la edad con la que Lores llegó a la Alcaldía, cuando hizo las cosas buenas, cuando tenía fuerza. Y Lores tiene la edad de Fraga, cuando Lores decía que estaba viejo para presentarse", sinalou o candidato popular

Presentación de Rafa Domínguez como candidato do PP á alcaldía de Pontevedra
Presentación de Rafa Domínguez como candidato do PP á alcaldía de Pontevedra / Mónica Patxot

"Eu adoitaba gobernar o mundo,
os mares alzábanse cando eu ordenábao.
Agora, cando chega a mañá, eu durmo só,
varro as rúas que antes adoitaba posuír".

É a letra da emblemática canción Viva la Vida, do grupo Coldplay coa que o Partido Popular arrancou este sábado no Teatro Principal o acto de presentación do seu candidato á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez.

Igual foi unha casualidade, pero este famoso himno da banda británica que Guardiola empregaba para motivar aos xogadores do Barcelona fala dunha figura histórica: o rei Luis XVI de Francia, cuxa morte supuxo o fin da monarquía absolutista nese país. Rafa Domínguez non foi tan lonxe pero si apelou ao espírito da "remontada" e metidos en referencias deportivas os populares fixeron seu o berro de ánimo ao tenista Nadal. "Vamos Rafa", gritaban.

No seu discurso, o candidato explicou que cando lle preguntan "¿por qué te metes en esto?" el sempre responde "porque soy muy de Pontevedra y muy del Partido Popular" e tras expresar o seu "amor" pola Boa Vila na que naceu sinalou que o problema desta cidade é Miguel Anxo Fernández Lores ao que ve "cansado y agotado".

"Yo tengo la edad con la que Lores llegó a la Alcaldía, cuando hizo las cosas buenas, cuando tenía fuerza. Y Lores tiene la edad de Fraga, cuando Lores decía que estaba viejo para presentarse", sinalou o candidato popular.

Rafa Domínguez lamentou os datos económicos "nefastos" que presenta a cidade do Lérez cuxos cidadáns "carecen de oportunidades" porque o BNG converteuna nun lugar "hostil" para as empresas. Ademais criticou que mentres o rural está "abandonado" e a ría "contaminada", o alcalde "solo se preocupa de pasear por el mundo".

"Entre todos la estamos dejando morir. Estamos dejando que se convierta en un satélite de Vigo", alertou.

Finalmente Rafa Domínguez acusou ao Bloque de ser ""un partido que quiere traer el problema catalán a Galicia, no lo hace porque no puede, pero no les dejemos caminar hacía la independencia de Galicia". Agregou que Lores "lleva el lazo amarillo y presume de ello", o concelleiro Luís Bará rompeu a foto do Rey no Parlamento galego "por que les gusta insultar, lo llevan en la sangre" e a tenente de alcalde, Carme da Silva "compartió mesa, mantel y mitin con Arnaldo Otegui".

O candidato acudiu ao Principal arroupado pola súa familia, especialmente pola súa muller Erika e o seu fillo Rafa, así como o seu pai Rafael Domínguez Vaz que enxalzou nun vídeo as virtudes do seu vástago. Tamén estaban a presidenta do Congreso, Ana Pastor, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o vicepresidente Alfonso Rueda, varios conselleiros e os catro anteriores candidatos do PP, Juan Luís Pedrosa, Teresa Pedrosa, Telmo Martín e Jacobo Moreira.

E non estivo presente fisicamente no mitin, pero Mariano Rajoy foi unha referencia constante durante todo o acto, sendo premiada calquera alusión cun aplauso do patio de butacas.

Cando o presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subiu ao escenario soaba o "Don' t Stop" de Fleetwood Mac. Feijóo valorou a Rafa Domínguez como un "excelente candidato", e asegurou que "acertamos" ao elixilo. Tamén lle recomendou "unir, escoitar, dialogar e traballar". Foi o único que falou en galego.

Rafa Domínguez dirixirá, segundo Feijóo, un proxecto de cidade cheo de "ideas e propostas" encamiñadas a "servir" aos veciños de Pontevedra e que permitirá, fronte á "inercia" coa que goberna o BNG, que a Boa Vila "deixe atrás a súa parálise".

Feijóo criticou a Fernández Lores por ser un rexedor inmerso na "rutina" que "está máis pendente dos piropos que de escoitar á xente" e, como consecuencia, Pontevedra está " conxelada no tempo" polo que insistiu en que a misión dun alcalde "é defender o emprego e non un referendo anticonstitucional".

Tamén en clave nacional a presidenta do Congreso abundou que en España "tenemos un Gobierno que se alía con cualquiera, con los independentistas, con los que insultan al rey. En Pontevedra tenemos algo de eso también". Por iso Pastor preveu ao público, e nomeadamente a Feijóo, que non se deixe enganar pola "actitud zen" do BNG en Pontevedra.

Ademais, mostrouse convencida de que Domínguez será o próximo alcalde dunha Pontevedra que, nestes momentos, está gobernada "a golpe de viajes" e seguindo o que cualificou como "modelo Caballero", baseado en que  "todo lo que han hecho otros digo que lo he hecho yo".

No peche do acto, entre aplausos e selfies, soaba por megafonía o "Walking on sunshine", de Katrina and The Waves.