Rafa Domínguez sostén que o camarote de Méndez Núñez vai manterse nos edificios históricos do Museo

Pontevedra
10 de setembro 2023

O responsable político do Museo de Pontevedra e vicepresidente da Deputación Provincial indicou que a obra prevista nos edificios históricos é "fundamental" durante o encontro que mantiña co persoal técnico do Museo

Visita de Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación, ao Museo Provincial
Visita de Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación, ao Museo Provincial / Deputación de Pontevedra

Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación e responsable político do Museo de Pontevedra na institución, mantiña nas últimas horas unha reunión co persoal técnico do organismo para tratar sobre as obras que se van a acometer nos edificios García Flórez e Castro Monteagudo, inmobles históricos do Museo que levan case unha década pechados ao público polos problemas estruturais que presentaban.

A Deputación de Pontevedra ten previsto acometer as obras de reforma. Rafa Domínguez indicou que "imos investir o que faga falta para que salga adiante".

Neste sentido, a diferenza do que sinalara César Mosquera no anterior mandato cando o deputado nacionalista exercía de vicepresidente e responsable do Museo no goberno bipartito provincial, Domínguez asegurou que o camarote de Méndez Núñez seguirá e poderá verse unha vez os edificios reabran ao público. 

Desta forma quixo enviar unha mensaxe de tranquilidade "a tanta xente que me preguntou pola rúa por este tema".

O vicepresidente provincial afirmou que a obra é fundamental e "terá todo o apoio da Deputación". A reforma destes edificios estaba previsto que se iniciase a finais deste 2023.