Rafa Domínguez presume de candidatura, acompañado por Ana Pastor e Alfonso Rueda

Pontevedra
06 de abril 2019

O candidato ás elecciones municipais en Pontevedra polo Partido Popular insistiu na necesidade de crear emprego durante o acto celebrado no Hotel Galicia Palace durante o mediodía deste sábado coa presenza de máis de 200 persoas

Presentación da candidatura de Rafa Domínguez
Presentación da candidatura de Rafa Domínguez / PontevedraViva

O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda e a presidenta do Parlamento estatal Ana Pastor exerceron de valedores na presentación da candidatura de Rafa Domínguez ás vindeiras eleccións municipais.

O acto, celebrado este sábado no Hotel Galicia Palace de Pontevedra, contou coa presenza de máis de 200 persoas. O evento comezaba con atraso, segundo explicaba Alfonso Rueda, polos problemas de tráfico que supón entrar en Pontevedra. O vicepresidente da Xunta chegaba procedente de Vigo, ao igual que Ana Pastor, que entraba na sala durante a intervención do propio Alfonso Rueda, que destacou o traballo que desenvolveron persoas como Telmo Martín ou Jacobo Moreira, antecesores no posto que agora ocupa Rafa Domínguez.

Rueda fixo mención tamén ao traballo de Mariano Rajoy na súa etapa como presidente do Goberno e lamentou a decisión do goberno local de nombralo persoa "non grata". Animou a Domínguez a traballar en positivo e garantiu que os populares obterán un bo resultado nas vindeiras citas coas urnas. 

Ana Pastor tamén tivo palabras de ánimo e de cariño co candidato popular, ao que lle une a súa profesión de médico. Fixo un chamamento a todos os presentes a que non se perdan os valores e principios do Partido Popular.

Por último, Rafa Domínguez loubou a José Benito Suárez e ás persoas que o acompañan na lista e sinalou que Pontevedra "es mi principio y mi final". Engadiu que apoia o "modelo de cidade" dos primeiros anos de Fernández Lores na alcaldía, pero apuntou durante o seu discurso cara á necesidade de crear postos de traballo ante a carencia de formación de empresas. Neste sentido, lamentou a marcha de factorías como Tafisa ou Elnosa e alertou dos problemas que provocaría a marcha de Ence da ría.

Domínguez rematou apostando por unha "Pontevedra Capital" para, a continuación, presentar un a un aos 25 integrantes da listaxe para as eleccións do 26 de maio.

1. RAFA DOMÍNGUEZ ARTIME. Médico
2. PEPA PARDO PUMAR. Avogada
3. PABLO FERNÁNDEZ LÓPEZ. Enxeñeiro Industrial. Ex Presidente de Aje Pontevedra.
4. ANA ISABEL VÁZQUEZ REBOREDO. Directora-Xerente Fundación Cidade da Cultura.
5. GERARDO PÉREZ PUGA. Banca.
6. MARTÍN MARTÍNEZ SILVA. Auxiliar Escola Naval Militar. Presidente Comunidad de Montes de Lérez.
7. SILVIA JUNCO MARTÍNEZ. Diplomada en turismo.
8. GUILLERMO JUNCAL PEÑAS. Estudante de Dereito. Presidente NNXX Local Pontevedra.
9. JUAN MANUEL MUÑOZ CERRADA. Economista.
10. RAQUEL SOUTO VILABOA. Administrativa. Presidenta Asociación Armel (Lourizán).
11. REMEDIOS PÉREZ GONZÁLEZ. Licenciada en Empresariais. Técnico de Estatísticas na Diputación de Pontevedra.
12. IAGO ACUÑA VIEITES. Enxeñeiro Mecánica.  Secretario xeral de NNXX de Galicia.
13. ALFONSO GARCÍA LIMESES. Xubilado. Ex- xerente de Banca.
14. JOSE FREIRE. Policía Nacional xubilado. Ex – sindicalista.
15. RAQUEL MARTÍNEZ LORENZO. Médico Pediatra.
16. DIONISIO VÁZQUEZ SANMARTÍN. Xubilado. Membro Comunidade de Montes de Campañó.
17. MARÍA DOLORES (LOLÓ) REGUERA FREIRE. Autónoma.
18. BEA REY GONZÁLEZ. Traballadora por conta allea. Foi presidenta da AVV Pedra do Largato (A Parda).
19. ROMÁN LÓPEZ GONZÁLEZ. Enxeñeiro agricola.
20. JOSE CARLOS PARDO BELDA. Médico.
21. BLANCA GARCÍA SEÑORÁNS ÁLVAREZ. Licenciada en Xeografía e Historia.
22. JUAN LUIS PEDROSA FERNÁNDEZ. Capitán da Mariña Mercante.
23. ARTURO PICHEL MÁRQUEZ. Xubilado.
24. ALFONSO RUEDA VALENZUELA. Funcionario Administración local. Presidente provincial Partido Popular de Pontevedra.
25. ANA PASTOR JULIÁN. Médico.

Arquivado en