Ás 20.15 horas, un cuarto de hora máis tarde do previsto, comezaba na praza do Teucro o acto de presentación do proxecto de Rafa Domínguez como candidato á alcaldía de Pontevedra nunha cita na que estivo acompañado por Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular de Galicia.
Coa chegada dos líderes local e autonómico do PP, que entraban na praza procedentes da rúa Charino, máis de 200 persoas en pé moveron as bandeiras de cor azul popular nas que lucía o lema #TocaCambio. Rueda e Domínguez, agarrados xa no escenario, saudaron o público baixo os acordes da versión italiana de'Será porque te amo' ('Sarà perché ti amo'), único éxito conocido na década dos 80 do grupo de pop romántico Ricchi e Poveri.
O acto, precedido de reparto de abanicos entre os asistentes nun atardecer que refrescaba, iniciábase con Pepa Pardo como mestra de cerimonias avanzando que Rafa Domínguez será o futuro alcalde de Pontevedra e anunciando que "creemos en la política que se hace en la calle y no en los despachos. Y ese cambio solo puede venir de la mano de Rafa Domínguez y del PP", explicou a actual secretaria xeral da formación local dos populares, que reclamou aos asistentes que o 28-M digan "basta ya" nas urnas.
A número 2 do PP local despediuse do escenario coa proxección dun pequeno vídeo sobre Domínguez, onde confesaba que lle gusta "todo de Pontevedra", destacando o seu interese en buscar cómics nas librerías locais e, sobre todo, en ver os partidos de fútbol do seu fillo Rafita. Da intimidade da gravación, o candidato popular pasou a dirixirse ao público en vivo desde os micrófonos do escenario: "qué bonito ver esta plaza llena de gente".
A súa primeira intervención foi dirixida ao seu pai que lle regalara os zapatos que calzaba para a ocasión, abandonado as súas habituais zapatillas deportivas. "Si quieres ser alcalde, tienes que poner zapatos en los actos importantes", confesou Domínguez que lle aconsellara o seu proxenitor e continuou dicindo "hoy es un día importante y yo quiero ser alcalde de Pontevedra" para terminar facendo unha brincadeira sobre o calzado de Rueda: "para un día que me pongo zapatos, el presidente de la Xunta viene con tenis".
Ao longo do seu discurso, o candidato popular insistiu nunha frase "comienza la reconquista de Pontevedra", agradeceu o traballo de Pepa Pardo e ás dúas persoas que máis sofren a súa falta de tempo, a súa muller Erica e o seu fillo Rafita: "gracias por vuestra comprensión y generosidad".
No aspecto político, comezou destacando o traballo realizado por Miguel Anxo Fernández Lores durante os seus primeiros anos, atribuíndo o mérito ao diñeiro que lograra o seu predecesor na alcaldía, o popular Juan Luís Pedrosa, para terminar criticando as "puñaladas traperas" que na actualidade danse BNG e PSOE no goberno bipartito de Pontevedra. Argumentou que é a cidade con máis paro de Galicia, que perde poboación, e lamentou a falta de iluminación, a escaseza de limpeza, o abandono das parroquias e barrios como o de San Roque "aislado por el cierre de Reina Victoria".
Enumerou os principais elementos negativos de Pontevedra para afirmar que "toca cambio" e avanzou algúns dos seus proxectos que acometerá nos 100 primeiros días do seu mandato se alcanza a alcaldía: o inicio da tramitación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal para crear a "Pontevedra del futuro"; axilizar os trámites para conseguir licenzas municipais para que queden reducidos a un mes; establecer a recollida porta a porta do lixo; crear aparcamentos disuasorios e, en concreto, un na zona da Parda, dotándoos a todos de videovixilancia; poñer en marcha transporte público gratuíto reorganizando as paradas dos autobuses; reforzar o persoal dos Servizos Sociais dependentes do Concello e fortalecer a atención ás persoas máis necesitadas; ademais de xestionar un piso de acollida para vítimas de violencia de xénero.
Rafa Domínguez, candidato do PP á alcaldía: "no voy a necesitar 100 días para reabrir Reina Victoria"
En materia deportiva prometeu pagar as cantidades que se deben aos clubs deportivos; mellorar os pavillóns e campos de fútbol coa creación, ademais, dunha nova cidade deportiva en Monte Carrasco (Marcón); tamén mantivo a súa promesa de contratar un estudo para que o Hospital Provincial se converta en sede do campus de Pontevedra; reabrir os edificios históricos do Museo con axuda da Deputación; mellorar o desenvolvemento do centro histórico; incrementar a presenza policial e buscar un novo local para os axentes municipais; aumentar o persoal do Concello; crear un plan de turismo con publicidade coherente "para que nadie venga a buscar a Bruce Lee a Pontevedra" en clara crítica ao último vídeo promocional da cidade; potenciar o Mercado de Abastos; e poñer en valor o patrimonio histórico e cultural, entre outros puntos que ía espoñendo entre grolos de auga.
Unha das propostas que recibiu máis aplausos foi cando Domínguez explicou que "no voy a necesitar 100 días para reabrir Reina Victoria" e apostou tamén por fomentar as festas parroquiais; investir en Monte Porreiro; mellorar a luz e limpeza en Campolongo; subvencionar á hostalería e apoiar o comercio local; apostar polos autonómos e, segundo indicou, reducir impostos e taxas municipais porque "necesitamos empresas". Neste sentido, avanzou que retirará as partidas de diñeiro público destinadas a "atacar a una empresa de Pontevedra como Ence".
Os aplausos repetíronse cando prometeu retirar "el ignominioso nombramiento de Rajoy como persona non grata". Por último, Rafa Domínguez presentou a súa proposta de abrir Pontevedra á ría do mesmo xeito que sucede en cidades como A Coruña, Porto ou San Sebastián. Neste punto pediu o apoio da Xunta para dragar a ría e explicou que "Pontevedra necesita tener un contacto íntimo con el margen izquierdo del Lérez".
Despois doutro vídeo que recollía un novo resumo das propostas, Domínguez pasou a presentar as persoas que lle acompañan na súa lista: "este es el equipo del cambio", apuntou con especial mención a Ana Pastor, que pecha a candidatura.
ALFONSO RUEDA: "FUERZA, RAFA, AQUÍ VA A HABER UN CAMBIO"
Unha vez que todos os integrantes da lista subiron ao escenario, Alfonso Rueda dirixiuse, nun discurso integramente en castelán, ao público recollendo a brinca sobre o calzado e a vestimenta de Rafa Domínguez: "él viene vestido de Alfonso Rueda y viene bastante elegante". O presidente dos populares galegos convidou os seus seguidros a verse na rúa "sin ningún complejo y sin ningún problema".
Rueda presumiu de ser desta cidade: "Pontevedra está muy bonita pero es que Pontevedra estuvo bonita siempre. Yo no soy como los del BNG. Si fuéramos del BNG no reconoceríamos nada", afirmou atacando os nacionalistas e poñendo tamén en valor a xestión como alcalde de Juan Luís Pedrosa. "No vamos a decir que todo está mal pero hay muchas cosas que se pueden mejorar", advertiu alegando que non se fixo nada no últimos dez anos. "Ya vale de tirar del pasado. De premios no se vive", insistiu.
Acusou o BNG de "soberbia, que lleva al inmovilismo" e fixo un chamamento á "ilusión" cun rogo directo ao candidato popular "te pido que sigas trabajado con esa ilusión y empeño". "Sé que voy a discutir mucho con él. No va a ser un alcalde fácil", vaticinou sobre Domínguez dirixíndose ao público para despois demandarlle "que seas un alcalde que pida con fundamentos" e que converta a Pontevedra en "la ciudad del empleo".
Alfonso Rueda tamén tivo tempo para ironizar sobre a visita de Pedro Sánchez este venres á cidade da Coruña: "a Pontevedra no es muy aficionado a venir", apercibindo os asistentes de que votar a un candidato socialista nas municipais será como votar a Pedro Sánchez.
"Estoy seguro de que Rafa va a ganar las elecciones en Pontevedra. No me cabe ninguna duda. Lo sé", predixo o presidente popular para advertir do mes "muy duro" que resta antes das eleccións. Cun "fuerza, Rafa, aquí va a haber un cambio" e un case tenístico "ánimo, Rafa" final concluía o acto na praza do Teucro entre os aplausos do público asistente na praza correspondidos polos integrantes da candidatura no escenario.