Rafa Domínguez mostra o seu apoio á caza e insta a "respectala e defendela"

Pontevedra
31 de xaneiro 2019

Domínguez defende unha caza "organizada e ordenada" e que as persoas son "libres de poder escoller". O candidato do PP explicou que "eu non son cazador" pero reiterou que "son moitas" as persoas que viven deste sector, polo que contan "co apoio" do partido

Xuntanza de Rafa Domínguez e Pepa Pardo con representantes da Federación Galega de Caza
Xuntanza de Rafa Domínguez e Pepa Pardo con representantes da Federación Galega de Caza /

A caza "é legal" e mentres así sexa "debemos respectala e defendela". Con esas declaracións mostrou o candidato do PP por Pontevedra, Rafa Domínguez, o seu apoio ao sector cinexético da provincia.

Foi tras unha reunión que mantivo, acompañado da secretaria xeral do PP, Pepa Pardo, cos representantes provinciais da Federación  Galega de Caza, Francisco Couselo, Rafael Prol e Manuel Martínez.

Aos tres, os dirixentes populares trasladáronlles "o noso máximo respecto" polo labor que desempeñan no monte.

"Non entendemos que se unha actividade é legal haxa persoas que, por outros intereses, traten de torpedeala", apuntou o presidente dos populares na cidade do Lérez.

Domínguez defende unha caza "organizada e ordenada" e que as persoas son "libres de poder escoller".

O candidato do PP explicou que "eu non son cazador" pero reiterou que "son moitas" as persoas que viven deste sector, polo que contan "co apoio" do partido.

Arquivado en