Rafa Domínguez monta na 'rafaneta' para reivindicar unha Pontevedra capital

Pontevedra
03 de abril 2019

Unha Pontevedra Capital. Ese será o lema de campaña do Partido Popular para as eleccións municipais de maio. Rafa Domínguez presentou este mércores o concepto desta idea coa que os populares percorrerán os barrios e parroquias de Pontevedra. Farano a bordo da "Rafaneta", unha especie de 'food truck' na que se servirán cafés

Rafa Domínguez e Pepa Pardo na 'rafaneta' do PP
Rafa Domínguez e Pepa Pardo na 'rafaneta' do PP / Mónica Patxot

Unha Pontevedra Capital. Ese será o lema de campaña do Partido Popular para as eleccións municipais de maio. Rafa Domínguez presentou este mércores o concepto desta idea coa que os populares percorrerán os barrios e parroquias de Pontevedra. Farano a bordo da "Rafaneta", unha especie de 'food truck' na que se servirán cafés.

Acompañado da número 2 da candidatura, Pepa Pardo, Domínguez explicou que a defensa da capitalidade que fará o PP en campaña baséase en que "non podemos vivir só de rendas do que se fixo hai vinte anos" e que Pontevedra necesita reivindicarse como capital cun novo proxecto de cidade. 

A candidatura de Rafa Domínguez expón unha campaña en positivo, combinando "crítica necesaria" coas propostas que teñen para o municipio. Con este lema os populares apostan por unha Pontevedra que "aspire a máis", que non quede "ancorada" no actual modelo de cidade que ten a Boa Vila.

"Queremos unha Pontevedra que sexa capital de provincia", destacou Rafa Domínguez, que entende que o municipio "non pode perder influencia".

Por iso aposta por implantar o transporte público para atraer a veciños e compradores dos municipios limítrofes e deixar así de ser unha cidade "pechada".

Ademais, o candidato popular quere unha Pontevedra capital do Camiño Portugués aproveitando o seu potencial "ao máximo", capital das Rías Baixas porque Pontevedra "ten que ser capital do turismo" e sobre todo unha Pontevedra que sexa capital do emprego, solucionando a "falta de oportunidades" para a cidadanía.

Arquivado en