O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, confirmou este sábado que Kiko da Silva recorreu a sentenza do Xulgado de Instrución número 4 de Pontevedra que desestimaba a demanda do ilustrador contra el por inxurias e vulneración da honra.
Domínguez reiterou que a sentenza confirmaba "o feito de que o Concello de Pontevedra dá contratos a dedo a xente afín ao BNG é absolutamente certo e é que Dá Silva deseñara os carteis do entroido pontevedrés o últimos trece anos de maneira directa".
"Da Silva perdeu o xuízo en primeira instancia e teño o convencemento de que o volverá a facer en instancias superiores", explicou Domínguez, que afirmou que este xuízo "non interferiu no labor de fiscalización que estamos a realizar desde o Partido Popular de Pontevedra e que seguiremos facendo".
Nesta liña, Domínguez asegurou que ten "a certeza absoluta de que o BNG de Lores está detrás desta decisión para que se evite falar do amiguismo e a corrupción que está instalada no Concello de Pontevedra".
Domínguez, nas últimas semanas, estivo traballando co seu equipo nunha serie de contratos que presentarán ante Fiscalía, e que "poñen de manifesto as irregularidades do Goberno local".
BNG e PSOE rexeitaron crear unha comisión de investigación para o estudo destes documentos e agora o grupo municipal do PP recorre ao Ministerio Fiscal para poñer fin a "certas irregularidades realizadas desde o seo do Concello".