Rafa Domínguez decide postularse para ser alcalde no pleno de investidura

Pontevedra
15 de xuño 2023

O presidente local do PP lembra que o seu partido gañou as eleccións de maneira contundente e lamenta o pacto entre o PSOE e o BNG adoptado para toda Galicia co obxectivo de evitar as alcaldías dos populares: "Me da muchísima pena que las decisiones de Pontevedra las tome gente que probablemente ni siquiera sepa dónde está Reina Victoria"

Rafa Domínguez anuncia que se postulará á alcaldía de Pontevedra
Rafa Domínguez anuncia que se postulará á alcaldía de Pontevedra / Partido Popular de Pontevedra
Rafa Domínguez anuncia que se postulará como alcalde /

Rafa Domínguez presentará a súa candidatura á alcaldía de Pontevedra no pleno de investidura que se celebrará este sábado 17 no Teatro Principal. O presidente local do Partido Popular lembra que foi a lista máis votada durante as eleccións do 28 de maio e, por este motivo, tomou a decisión de postularse á alcaldía.

Destacou que o PP gañou as eleccións municipais "de forma contundente y por primera vez en doce años", co apoio de máis de 16.000 pontevedreses, o que supón case o 39% dos votos, de maneira que case catro de cada dez pontevedreses votaron a súa candidatura, fronte ao BNG, que obtivo 13.000 votos.

"El PP ha conseguido ser el que mejor ha entendido los intereses e inquietudes de los pontevedreses", asegurou. En todo caso, Rafa Domínguez admite que ten "muy pocas esperanzas" de que se poida converter en alcalde xa que o BNG e o PSOE manteñen un acordo para toda Galicia coa intención de que o PP non ocupe as alcaldías, unha decisión que lamenta: "me da muchísima pena que las decisiones de Pontevedra las tome gente que probablemente ni siquiera sepa dónde está Reina Victoria".

Neste sentido, convidou o Partido Socialista a que vote ao seu propio candidato, Iván Puentes, e non a Miguel Anxo Fernández Lores. Con esta opción, Rafa Domínguez, con maioría de concelleiros, converteríase en alcalde. "Si el PSOE quiere cumplir lo que prometió en campaña o vota a Iván Puentes o a Rafa Domínguez; votando a Miguel Anxo Fernández Lores prácticamente nada de lo que ha prometido en su programa electoral lo va a llevar a cabo", sentenciou.

Insiste en que entre o BNG e o PSOE locais existe unha situación de desconfianza e que no caso de que alcancen un acordo, Pontevedra terá dous alcaldes porque as súas posturas son diferentes.

FELICITACIÓNS A ANA PASTOR E PEPA PARDO

Domínguez tamén recoñeceu a "fuerza" do Partido Popular de Pontevedra e congratulouse por ser a primeira vez que o PP local coloca a unha persoa como número 1 das listas populares ao Congreso, con Ana Pastor; e número 1 ao Senado, con Pepa Pardo, "dos mujeres con mucho significado" explicou o representante popular, que mostrou a súa confianza en que "con su trabajo vamos a tener un resultado magnífico en las próximas elecciones generales con Alberto Núñez Feijóo a la cabeza".

Sobre cuestións polémicas relacionadas con decisións polémicas do Partido Popular, como a renuncia de 16 concelleiros de Rodeiro para que Luis López poida ser presidente da Deputación ou que Pilar Rojo, pontevedresa expresidenta do Parlamento de Galicia figure como candidata ao Senado por Albacete, Rafa Domínguez quixo indicar que a decisión das listas electorais compete a nivel nacional. "Hay que trasladar la pregunta a Pilar Rojo, al PP de Albacete y al PP nacional que es el que hace las listas. Nosotros queremos muchísimo a Pilar y tenemos una grandísima relación con Pilar. Son decisiones en las que no ha participado el PP de Pontevedra", argumentou o presidente local dos populares.

En canto a Luís López recoñeceu que é unha situación "difícil de explicar" para expoñer que "creo que viene a señalar que hay cierto consenso en que Luis López tenga una representación importante dentro de la Deputación.
A veces hay circunstancias que afectan a tener que tomar decisiones que no son las mejores pero que son las obligadas para obtener un fin" e asegurou que "no hay ninguna crisis interna en el Partido Popular. El partido está fuerte y unido".

Escudouse nas palabras de Alfonso Rueda ao ser preguntado sobre a presenza do PP local na Deputación Provincial: "el presidente ha dicho que no toca y no toca. No me metáis en líos", concluíu.