Rafa Domínguez cre que o trazado da Variante de Alba é unha "puñalada" para Campañó

Pontevedra
24 de decembro 2019

"No merecéis una carretera que parta la parroquia en dos", díxolles a un grupo de veciños de Campañó o portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, no transcurso dunha reunión con membros da asociación Santo Paio para falar da chamada variante de Alba

Xuntanza do PP coa Asociación Santo Paio de Campañó
Xuntanza do PP coa Asociación Santo Paio de Campañó / PP de Pontevedra

"No merecéis una carretera que parta la parroquia en dos", díxolles a un grupo de veciños de Campañó o portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, no transcurso dunha reunión con membros da asociación Santo Paio para falar da chamada variante de Alba.

"No queremos un Campañó de arriba y un Campañó de abajo", mantivo nese encontro Domínguez, que estivo acompañado polos concelleiros Gerardo Pérez Puga e Martín Martínez Silva.

Rafa Domínguez reclamou "un trazado de consenso, un trazado en el que vayamos todos de la mano y que suponga un beneficio para la parroquia, no una puñalada".

O popular aproveitou a ocasión para reafirmar en que debe ser o Concello de Pontevedra "el que plantee cuál es el trazado óptimo".

O Partido Popular ha pedido "de manera urgente" a necesidade de crear unha senda peonil para peregrinos xunto á variante actual e "mejoras de seguridad vial, como aceras, en el entorno del colegio".

 

Arquivado en