Rafa Domínguez cre que no PP "debemos empezar a explicar qué queremos hacer en los próximos años"

Pontevedra
08 de novembro 2022

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Pablo Fernández, recibiu aos senadores populares Pilar Rojo e Pedro Rollán que forman parte da Comisión de Transportes para presentarlles varias das súas liñas de acción se é que consegue a Alcaldía da capital

Reunión do PP local cos senadores Pilar Rojo e Pedro Rollán
Reunión do PP local cos senadores Pilar Rojo e Pedro Rollán /

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Pablo Fernández, recibiu aos senadores populares Pilar Rojo e Pedro Rollán que forman parte da Comisión de Transportes para presentarlles varias das súas liñas de acción se é que consegue a Alcaldía da capital.

"Debemos empezar a explicar qué queremos hacer en los próximos años", destacou o candidato popular. 

Segundo comentou, a súa primeira medida, "y obrigatoria", é dar inicio á redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Urbana e tamén "la generación de al menos 400.000 metros cuadrados de espacios verdes nuevos".

En segundo lugar, Domínguez aposta pola creación de aparcamentos disuasorios e o terceiro punto sería o iniciar os trámites para creación de carrís bicis.

A cuarta medida sería "la reordenación y ampliación los servicios de transporte público de autobuses" e asegura que tamén ampliaría o tempo de aparcamento na cidade.

Outras medidas serían iniciar "el estudio de tráfico más grande y ambicioso de los que se han realizado en nuestra ciudad" e a reapertura da avenida de Raíña Vitoria.