O candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a súa compañeira Pepa Pardo, realizaron unha visita á sede da Policía Local para coñecer de primeira man as reivindicacións dos axentes municipais.
Acompañados polo xefe da Policía Local e representantes sindicais, os populares mantiveron diversas reunións cos profesionais, asegurando constatar a falta de espazo, equipamento e material á que se enfrontan no seu día a día.
Por ese motivo Domínguez comprometeuse a traballar para atopar unha alternativa á actual sede policial que permita mellorar as condicións de traballo dos axentes e garantir a seguridade dos cidadáns.
Ademais sinalou a importancia de buscar unha solución á sobrecarga laboral que, asegura, soporta o corpo de seguridade municipal.