Rafa Domínguez asina ante notario doce promesas electorais para o rural

Pontevedra
11 de xaneiro 2019

"Es un contrato que Rafael Domínguez firma con el rural y las parroquias de Pontevedra", dixo o popular que asegurou que con este acto "comprometo mi palabra" que será a súa "garantía" ante os cidadáns

Rafa Domínguez asinou ante notario doce promesas electorais destinadas ao rural
Rafa Domínguez asinou ante notario doce promesas electorais destinadas ao rural / Mónica Patxot

O portavoz do grupo municipal e candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez asinou este venres ante notario doce medidas destinadas ao rural que se compromete a executar no seu "primer mandato", se as eleccións do próximo mes de maio lle proporcionan o bastón de mando.

"Es un contrato que Rafael Domínguez firma con el rural y las parroquias de Pontevedra", dixo o popular que asegurou que con este acto "comprometo mi palabra" que será a súa "garantía" ante os cidadáns.

Estas doce medidas inclúen dotar de saneamento e abastecemento "a todas las viviendas del rural", acometer a separación das augas pluviais e fecais, poñer en marcha un "plan de desbroce continuo", impulsar un plan de bacheado e asfaltado, "duplicar los puntos de luz", crear unha rede de transporte público entre as parroquias e o centro, aprobar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, prestar apoio económico para recuperar festas populares, dotar de beirarrúas e mellorar a seguridade peonil, recuperar cruceiros, fontes e lavadoiros, baixar a presión fiscal, dotar de fibra óptica e mellorar a recollida de lixo e impulsar a recollida selectiva.

O candidato do PP non cuantificou o valor económico das súas promesas electorais nin tampouco aclarou que consecuencias carrexaría o incumprimento do compromiso asinado ante notario, limitándose a sinalar que "me sentiría muy defraudado conmigo mismo", dixo.

 

Arquivado en